Programa ICEX Next de Iniciación e Consolidación da Exportación - 2024


  • 21/08/2024
  • 17/12/2024
Accede dende aquí

BDNS 780937 - Programa ICEX Next de Iniciación e Consolidación da Exportación - 2024

Data de publicación: 21/08/2024

Data inicio de solicitude: 24/09/2024 (Procedemento 1) e 25/11/2024 (Procedemento 2)

Data remate de solicitude: 15/10/2024 (Procedemento 1) e 17/12/2024 (Procedemento 2)

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto convocar as subvencións para impulsar o crecemento internacional de pequenas e medianas empresas (PEMES) españolas que conten cun proxecto competitivo a través da súa participación no programa ICEX Next.

O programa ICEX Next ten como finalidade introducir, consolidar e impulsar a cultura exportadora na PEME española para que esta sexa elemento chave da súa estratexia empresarial.

Características da axuda

O Programa ICEX Next ofrece á empresa beneficiaria asesoramento especializado a través de consultores expertos para o desenvolvemento da súa estratexia exterior e mellor da súa competitividade internacional, subvencionando determinados gastos que faciliten o seu crecemento en terceiros mercados.

Os conceptos de gasto subvencionables son os seguintes:

a) Asesoramento personalizado: corresponde ás horas de consultoría especializada das que dispón a persoa beneficiaria, prestado polos consultores ICEX-Next.

O devandito asesoramento terá como finalidade o deseño / contraste / revisión da estratexia internacional ( offline ou en liña) e propostas de implementación. Así mesmo, contará con máis horas de asesoramento en temáticas que faciliten a mellora da súa competitividade exterior.

Estas horas de asesoramento personalizado cobren os seguintes aspectos:

- Asesoramento para a elaboración / contraste / revisión da estratexia internacional offline ou en liña e propostas de implementación.

- Asesoramento para a elaboración dun plan operativo dixital (plan de márketing dixital internacional, canles dixitais, dixitalización de priceso clave para a internacionalización e outras actuacións inxeridas no devandito plan).

- Asesoramento en materias máis específicas dirixidas a mellorar a competitividade internacional das empresas participantes en función das súas características particulares.

b) Gastos de prospección e estudos referidos a mercados internacionais tanto canles en liña, como offline ou canles físicas: cuxo obxectivo sexa facilitar o coñecemento de mercado obxectivo, a viabilidade de produto ou servizo no mesmo e o coñecemento das oportunidades de negocio.

c) Gastos de promoción internacional: todos aqueles gastos que impulsen o coñecemento do produto ou servizo no exterior, tanto a través de canles físicas como en liña.

d) Gastos de desenvolvemento de rede comercial no exterior: todos aqueles que permitan á empresa o desenvolvemento da súa rede comerical nos mercados destino.

e) Gastos de solucións tecnolóxicas (aplicacións informáticas, licenzas de programas, desenvolvementos a medida, adaptacións e/o software de pago por uso) para:

- A correcta xestión e avaliación das actividades de promoción desde a procura ata o seguimento de clientes.

- A optimización e dixitalización da operativa exterior.

f) Os custos do persoal interno da empresa beneficiaria dedicado ás tarefas do proxecto de internacionalización, que se calcularán como un tipo fixo do 20% dos gastos subvencionables dos apartados a) a e) anteriores.

A contía da subvención será o 60% dos gastos subvencionados e, en ningún caso, a axuda total poderá superar os 24.000 euros por empresa.

Persoas beneficiarias

 

Poderán ser beneficiarias as empresas españolas con potencial exportador que desexen crecer internacionalmente e que reúnan os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.


Publicación Boletín

Publicación Bases

Ficha sede electrónica

Válido dende: 
mércores, 21 Agosto, 2024
Válido ate: 
martes, 17 Decembro, 2024