Proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas - 2025


  • 28/02/2025
  • 29/01/2025

MR708A - Proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas - 2025

Data de publicación: 29/01/2025

Data inicio de solicitude: 30/01/2025

Data remate de solicitude: 28/02/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

Características da axuda

Serán subvencionables os proxectos destinados á:

a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.

4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

6º. Artesanía e actividades artesanais.

7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

8º. Comercio polo miúdo.

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa. 

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias, sempre que cumpran os demais requisitos:

a) As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.

Para estes efectos, considerarase zona rural todo o territorio de Galicia, con excepción das parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). No enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, estará dispoñible a relación de zonas densamente poboadas (ZDP).


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 28 Febreiro, 2025
Válido ate: 
mércores, 29 Xaneiro, 2025