Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas - 2025


  • 30/01/2025
  • 30/09/2025

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas - 2025

Data de publicación: 30/01/2025

Data inicio de solicitude: 07/02/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Características da axuda

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 6.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 euros.

Para estes efectos, enténdese por concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística. Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos, agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, entre outra documentación, o plan de negocio empresarial segundo o modelo do anexo II.

Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran os axentes de emprego e desenvolvemento local e a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Neste último caso, o informe solicitarase á Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a través deste enderezo web.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 30 Xaneiro, 2025
Válido ate: 
martes, 30 Setembro, 2025