Axudas IA360 orientadas a potenciar a innovación empresarial a través do desenvolvemento experimental e a aplicación da intelixencia artificial no tecido industrial galego e a súa cadea de valor - 2026


  • 16/01/2026
  • 16/03/2026

IG408M - Axudas IA360 orientadas a potenciar a innovación empresarial a través do desenvolvemento experimental e a aplicación da intelixencia artificial no tecido industrial galego e a súa cadea de valor - 2026

Data de publicación: 16/01/2026

Data inicio de solicitude: 17/01/2026

Data remate de solicitude: 16/03/2026

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a pemes e grandes empresas galegas ou cun centro de traballo permanente e legalmente constituído en Galicia, no cal se desenvolvan as actividades do proxecto, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento experimental e a capacidade innovadora das pemes, mediante o uso da intelixencia artificial e a súa implantación no tecido produtivo ou industrial e nas súas cadeas de valor.

IA360 financiará actividades integradas en proxectos de desenvolvemento para pemes e grandes empresas e innovación en favor das pemes, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:

Liña A. Desenvolvemento de produtos ou servizos baseados na IA para a mellora de procesos industriais e a comercialización de novos produtos con foco nos sectores incentivables, de cara a optimizar a produtividade e a competitividade empresarial.

Liña B. Adquisición e implantación de solucións baseadas na intelixencia artificial para a mellora da produtividade empresarial.

Características da axuda

As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude a cada unha das dúas liñas desta resolución.

No caso dos proxectos presentados á liña A, terán a consideración de actividade subvencionable aqueles proxectos que teñan como finalidade o desenvolvemento tecnolóxico para a obtención dun novo produto ou servizo baseado na intelixencia artificial.

Os proxectos deberán partir dun nivel de madurez tecnolóxica, TRL, 5.

a) Os proxectos da liña A terán un orzamento mínimo subvencionable de 150.000 €.

b) As tecnoloxías de intelixencia artificial que se empregarán serán de forma prioritaria as seguintes: recoñecemento de patróns mediante machine learning ou deep learning, RPA (automatización robótica de procesos), visión artificial e robótica; NLP (procesamento de linguaxe natural) mediante Transformers (modelos BERT, GPT), IA xenerativa ou axentes da IA aplicados ou análises de datos de distintas fontes e uso de algoritmos de computación cuántica na mellora da optimización de enerxía de cómputo, procesos en que interveña a IA en campos como machine learning, optimización de rutas, investigación básica, criptografía, desenvolvemento de medicamentos o calquera outro que supoña un avance respecto á computación tradicional.

No caso dos proxectos presentados á liña B, terán a consideración de actuacións subvencionables os proxectos de aplicación de solucións comerciais baseadas en intelixencia artificial que permitan mellorar a produtividade e a competitividade das empresas de Galicia.

Os proxectos da liña B terán un orzamento mínimo subvencionable de 30.000 €.

En ambas as dúas liñas, as empresas beneficiarias deberán desenvolver a súa actividade nalgún dos sectores definidos na Resolución.

Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de especialización de Galicia (RIS3).

A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada empresa beneficiaria determinarase sobre o orzamento total subvencionable e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25, 28 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, segundo a seguinte táboa:

Liña Denominación Empresa
Grande Mediana Pequena
Liña A Desenvolvemento Tecnolóxico 25 %* 35 %* 45 %*
Liña B Innovación 0 % 50 % 50 %

*15 % adicional por compromiso de publicidade e divulgación, cun máximo do 60 % cando proceda.

Persoas beneficiarias

Para as liñas A e B, poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pemes galegas ou cun centro de traballo permanente e legalmente constituído en Galicia, no cal se deberán desenvolver as actividades do proxecto.

No caso da liña A, tamén poderán ser beneficiarias as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo permanente e legalmente constituído en Galicia, no cal se deberán desenvolver as actividades do proxecto.

As empresas beneficiarias deberán exercer a súa actividade no tecido industrial galego e a súa cadea de valor e vencellados aos sectores estratéxicos e de especial interese definidos pola Xunta de Galicia, así coma aqueles sectores emerxentes de especial relevancia ou vencellados aos plans directores da Xunta de Galicia.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 16 Xaneiro, 2026
Válido ate: 
luns, 16 Marzo, 2026