Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) - 2026

- 16/01/2026
- 16/02/2026
-
Etapa
IG408L - Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) - 2026
Data de publicación: 16/01/2026
Data inicio de solicitude: 17/01/2026
Data remate de solicitude: 16/02/2026
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, co obxectivo de incrementar a súa capacidade innovadora, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.
Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:
Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade..
Características da axuda
Os plans de innovación e deseño estarán constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, deseño, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora e de deseño dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.
As actuacións deben circunscribirse ao estudo, deseño, posta en marcha e validación das innovacións a nivel de pilotos ou demostrativos, coa finalidade de diferenciar estes das implantacións con carácter produtivo e comercial na empresa, que terían a consideración de actuacións e custos correntes.
As actividades asociadas aos plans deberán de estar aliñadas cos retos da RIS3 Galicia.
As condicións particulares de cada liña e, polo tanto, de cada plan, son as que se detallan a continuación:
a) Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
1º. Innovación en procesos.
Unha innovación en procesos fai referencia a un proceso novo ou mellorado para unha ou máis funcións de negocio que difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa e que se poñen en uso por primeira vez na empresa.
2º. Innovación en organización.
Método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relativas á organización empresarial e as súas interaccións, que difiren significativamente dos métodos anteriores da empresa e que se poñen en uso por primeira vez. A innovación ten un alcance ou percepción a nivel de empresa, sendo para esta a novidade ou mellora significativa, aínda que non o sexa para o seu sector ou mercado
b) Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.
1º. Deseño de produto/servizo.
Poderán presentarse solicitudes a unha ou ambas as dúas liñas da Resolución.
Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans de innovación en procesos e organización (no caso da Liña 1) e en plans de deseño para a innovación (no caso da Liña 2).
Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características:
a) Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras e de deseño da empresa solicitante.
b) O orzamento subvencionable para cada plan, o cal inclúe o 20 % dos custos indirectos, será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 250.000 euros por plan.
c) A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2027; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada empresa beneficiaria determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25, 28 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, segundo a seguinte táboa:
| Liña | Plan / Orzamento | Subvención Peme | Peme |
| Liña 1: Plan de innovación | De 50.000 € a 250.000 € | De 25.000 € a 125.000 € | 50 % |
| Liña 2: Plan de deseño |
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas galegas (en diante, pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2.
Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil..