Máis de 6.000 persoas traballadoras autónomas se benefician en Galicia da ampliación da tarifa plana
En liña co observado a nivel do conxunto de España, en Galicia tense aumentado en 6.056 persoas o número de persoas beneficiarias da tarifa plana de 50€ ampliada a un ano.
Dende o 1 de xaneiro de 2018 en España teñen sido un total de 123.428 persoas traballadoras autónomas as que se teñen beneficiado da tarifa plana de 50 euros ampliada aos 12 primeiros meses de actividade, segundo os datos que se teñen difundido dende o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Galicia supón así case o 5% do total de persoas beneficiarias da dita ampliación, lideradas polas provincias da Coruña e de Pontevedra.
A entrada en vigor desta medida, xunto con outras recollidas na nova Lei de Autónomos ten propiciado que no primeiro trimestre do 2018 se teña acadado o maior incremento neto de persoas afiliadas ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
A Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo establece que as persoas que se dean de alta como novas traballadoras autónomas dende xaneiro de 2018 poderán acollerse á ampliación a un ano da tarifa plana de 50 euros, beneficiándose tamén da extensión da redución ata os 24 meses: un 50% nos seguintes seis meses e do 30% polos finais 6 meses ata os ditos 24 meses.
Máis información no seguinte enlace á nota de prensa da Seguridade Social