Publicada a axuda para a remuda xeracional no emprego autónomo, 2018
Ven de publicarse no DOG a ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341S).
Mediante estas axudas, pensadas para facilitar a transición de negocios de persoas autónomas consolidadas próximas á xubiliación, tanto a persoa transmisora como a persoa adquirinte terán unha axuda consistente no pagamento do 100% dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirinte.
NOTA 1: no caso de que o negocio teña varias persoas propietarias, a axuda consistirá no pagamento do 100% dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio.
NOTA 2: se o negocio ten varias persoas adquirintes para explotalo conxuntamente, a axuda será de 1.500 € por negocio.
Polo tanto, son beneficiarias desta axuda tanto a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, como a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.
Para poder participar no programa, primeiro deben rexistrarse nesta Oficina Virtual do Autónomo e obter o seu documento de inscrición, segundo se detalla neste enlace.
Máis información sobre a axuda, que poderá solicitarse entre o 22 de xuño e o 1 de outubro, neste enlace.