Xornada o Emprego do Futuro, o 2 de outubro en Santiago de Compostela

O 2 de outubro de 2018 terá lugar no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, a xornada sobre o emprego do futuro.

A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral. A Xunta de Galicia pon en marcha o Programa O EMPREGO DO FUTURO para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento. Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.

A asistencia á xornada é gratuíta.

Pode consultar o programa da xornada e inscribirse neste enlace.