Publicada a orde pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais o 2019
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar hoxe, 15 de outubro de 2018, a Orde de 11 de outubro de 2018 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2019.
En concreto, os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permancer abertos, son os seguintes:
13 de xaneiro
18 de abril
30 de xuño
12 de outubro
1 de novembro
1 de decembro
8 de decembro
15 de decembro
22 de decembro
29 de decembro