Semana Maker Faire Galicia Industria 4.0 - Xornadas profesionais
Entre o 3 e o 7 de xullo terá lugar a quinta edición da Feira "Maker Faire Galicia" na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, unha feira escaparate para a creatividade e o enxeño.
Nesta ocasión, grazas ao éxito das anteriores edicións, a xornada profesional se amplía de 1 a 3 días e, xunto aos dous días das xornadas abertas, dará lugar á Semana MAKER e da Industria 4.0.
Estas tres xornadas estarán enfocadas ao público profesional centrándose en temáticas clave para o futuro da industria e a innovación; stands, presentacións e obradoiros onde a robótica, o open data ou a ciberseguridade son algúns dos temas a tratar.
As tres xornadas profesionais -que se celebrarán o 3,4 e 5 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura-, abordan temáticas clave para o futuro da industria e a innovación como a mobilidade, enerxía, intelixencia artificial, robótica, ciberseguridade, 'open data' ou emprendemento.
Ademais, a xornada do venres contará cun xurado especializado que outorgará premios aos proxectos máis innovadores presentados polos 'makers' durante a semana de entre 1.000 e 250 euros.
Os días 6 e 7 de xullo, o Museo Centro Gaiás terá xornada de portas abertas para o público xeral, cunha programación para nenos, familias e maiores que estará formada por talleres, charlas, actuacións e outras actividades.
Ademais, no marco do proxecto Capacita Directivos, o Igape, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo de Empresarios de Galicia organizan as xornadas profesionais "Empresas con alma de startup", que se celebrarán do 3 ao 5 de xullo, a partir das 9.30 horas, no edificio CINC da Cidade da Cultura, en combinación coa Maker Faire Galicia. O evento, que está dirixido ao público empresarial, ofrecerá relatorios de expertos de compañías como Ikea, Cabify, Kaleido, Airbus o Wayra (Telefónica), nos que empresas e startups debaterán sobre robótica, ciberseguridade, open data ou intelixencia artificial, entre outras temáticas. Máis información neste enlace.
Máis información na propia web de Maker Faire Galicia neste enlace