Publicada a relación de festas laborais de carácter local 2020
O pasado 28 de novembro de 2019 o Diario Oficial de Galicia ven de dar publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2020 correspondentes aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dase así publicidade ás festas de carácter local inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables para o ano 2020, lembrando tamén que as empresas e persoas traballadoras empregadoras deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo para coñecemento e consulta das persoas traballadoras.