21ª Feira Inernacional de Turismo Gastronómico, Xantar
Entre o 5 e o 9 de febreiro celebrarase en Ourense a 21ª edición de Xantar, Feira Internacional de Turismo Gastronómico
Este ano, a Xunta de Galicia colabora e participa nunha nova edición da Feira Xantar, única feira internacional de turismo gastronómico realizada en Galicia e que está recollida no calendario oficial de "Feiras comerciais internacionais" españolas.
Esta feira, ao igual que en anos anteriores, é ideal para poñer en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a súa elaboración e o servizo profesional que os acompaña.
É de especial interese para crear redes de cooperación en materia de gastronomía, turismo sostible e saudable.
Animamos a todas as personas interesadas a visitar especialmente o stand de Economía Social de Galicia, no que particioparán once cooperativas e un centro especial de emprego:
Condado Paradanta, S. Coop. Galega
Cooperativa Agraria Comercial, S. Coop. Galega (Bico de Xeado)
Cooperativa Hoxe, S. Coop. Galega
Terras da Mariña, S. Coop. Galega
Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega
Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega
Viña Costeira, S. Coop. Galega
A factoría do lume, S. Coop. Galega
Máis información nos seguintes enlaces: