Webinar: Medidas económicas para autónomos e pemes
O vindeiro xoves 7 de maio, ás 18:00 h, tense organizado un webinar co obxectivo de coñecer de primeira man as medidas económicas para autónomos e pemes postas en marcha pola Xunta de Galicia fronte ao coronavirus. Neste encontro contaremos coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a Secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca e o Director Xeral do Igape, Juan Cividanes.
O dito encontro estará aberto á participación de todas aquelas persoas interesadas.