Publicada a Guía de deducións e incentivos fiscais á I+D+i
GAIN impulsa o uso dos apoios fiscais dos diferentes instrumentos e opcións dispoñibles, para aproveitar o marco tributario da I+D+i e o seu efecto como instrumento de promoción da investigación, do desenvolvemento experimental e da innovación.
A nivel nacional, as deducións fiscais por I+D+i premian o esforzo que realizan as empresas no desenvolvemento de actividades innovadoras, permitindo minorar a cota íntegra do imposto sobre sociedades ata nun 100%, incrementando a súa competitividade e incentivando a mellora continua dos seus produtos e procesos.
As empresas consiguen así maximizar os seu beneficios obtidos pola realización de actividades de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. A nivel rexional, coa entrada en vigor o 1 de xaneiro da “Lei 3/2018, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas” Galicia mellora as deducións autonómicas por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica, así como a dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades mercantís novas ou de recente creación.
Deste xeito, os investidores en novas empresas e mecenas de organismos destinados ao fomento da I+D+i atopan en Galicia o mellor marco fiscal para os seus proxectos empresariais innovadores.