Encontro dixital informativo: Axudas para persoas traballadoras autónomas e pemes

O vindeiro martes 23 de marzo, ás 12 horas, terá lugar un encontro dixital, organizado por AJE Galicia, en colaboración coa Xunta e Abanca, no que se informará das axudas activadas pola Xunta para impulsar a actividade das microempresas, autónomos e pemes.

No webinario participarán o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Fernando Guldrís.


Publicación DOG