Aberta a convocatoria de probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais 2021
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a orde pola que se convocan as probas para a obtención dos seguintes carnés e habilitacións profesionais:
Carnés profesionais:
Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
Operador/a industrial de caldeiras.
Instalador/a de gas, categoría A.
Instalador/a de gas, categoría B.
Instalador/a de gas, categoría C.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Na mencionada Orde articula dúas convocatorias independentes, atendendo ao número de persoas participantes inscritas nas últimas convocatorias e co obxectivo de optimizar os recursos.
Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos, e para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes deberánse presentar co código do procedemento ED527A, a través da sede electrónica. Máis información nos seguintes enlaces: