Publicado o decreto coas festas da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2025

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o Decreto 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025.

Deste xeito, e de non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 serán as seguintes:

1 de xaneiro Aninovo

6 de xaneiro Epifanía do Señor (Día de Reis)

17 de abril Xoves Santo

18 de abril Venres Santo

1 de maio Festa do Traballo

17 de maio Día das Letras Galegas

25 de xullo Día Nacional de Galicia

15 de agosto Asunción da Virxe

1 de novembro Todos os Santos

6 de decembro Día da Constitución Española

8 de decembro Inmaculada Concepción

25 de decembro Natividade do Señor

Estes días terán a consideración de inhábiles para o traballo, retribuídos e non recuperables, ao igual que as dúas festas locais que se propoñan polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, que se publicarán no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma e no propio Diario Oficial de Galicia.


Publicación DOG