Novas funcionalidades na aplicación Import@ss da Seguridade Social para persoas traballadoras autónomas
A Tesourería Xeral da Seguridade Social lanzou unha nova aplicación móbil coa que se pode acceder aos principais datos persoais, realizar diferentes trámites como darse de alta no réxime de autónomos e coñecer a situación na Seguridade Social.
A aplicación achega á cidadanía as funcionalidades do portal Import@ss (portal web de trámites e información da Seguridade Social) e engade algunhas novas, así como as vantaxes propias dunha app: recibir avisos personalizados e notificacións 'push'; acceder con identificación biométrica -sempre que se acceda con Cl@ve Permanente- ou descargar documentos no dispositivo, sen necesidade de ter conexión a Internet.
Entre os seus servizos máis utilizados están a consulta e descarga do Informe de Vida Laboral, a consulta de bases de cotización, o trámite de alta de autónomo ou a modificación de datos persoais.
As súas principais funcionalidades son:
- Consulta e descarga do Informe de Vida Laboral
- Consulta de bases de cotización
- Alta de autónomo ou modificación de datos persoais
- Actualización dos datos de contacto
- Consulta ou solicitude do Número da Seguridade Social
- Xestión de trámites de Traballo Autónomo ou Emprego de fogar, entre outros, e descarga de xustificantes
- Procura fácil de trámites
- Acceso a información sobre novidades en materia de Seguridade Social, noticias e vídeos
A aplicación está dispoñible para descarga en Google Play e na App Store de iOS e, unha vez descargada no dispositivo, hai tres formas de autenticarse:
- Cl@ve Permanente
- Certificado dixital (só en Android)
- SMS
Tras identificarse, pódense configurar as notificacións 'push' e activar o acceso biométrico -con pegada dactilar ou recoñecemento facial- para futuras conexións. Tras cumprir con este paso, poderase acceder á información de forma personalizada, realizar trámites e descargar informes.
Se a persoa usuaria non se identifica a aplicación mostrará información xeral sobre os servizos que a Tesourería pon á súa disposición.
A aplicación ofrece catro perfiles diferentes para relacionarse coa Seguridade Social: autónomos; emprego de fogar (tanto para empregadas como para empregadores); artistas e alumnos en prácticas.
No caso do perfil de "Traballo Autónomo" permite acceder a toda a información e trámites dispoñibles se se está dado de alta ou se vai a comezar a traballar por conta propia (alta e baixa, modificación da base de cotización, consulta de recibos ou simulación de cotas segundo os rendementos, entre outros).