Publicada a Orde que establece os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais no ano 2026
A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG a Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2026.
Atendendo á mesma, os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2026 son:
- 4 de xaneiro.
- 11 de xaneiro.
- 2 de abril.
- 26 de xullo.
- 15 de agosto.
- 29 de novembro.
- 6 de decembro.
- 13 de decembro.
- 20 de decembro.
- 27 de decembro.