Documentos de referencia



  • 29 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Xestión

Este caderno combina un obxectivo xenérico, dar a coñecer os principios básicos da negociación (que caracteriza a un bo negociador, estilos de negociación...), e a súa aplicación práctica nas reunións con bancos e caixas para lograr financiamento.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Xestión

Cando se realiza unha actividade de venda ao público é moi importante coidar a presentación e colocación dos artigos, xa que a súa presenza pode influír notablemente na decisión da persoa consumidora de mercar o produto.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado

Este caderno recolle aspectos básicos da xestión e aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, no desenvolvemento de actividades económicas. Explícanse de forma sinxela os principais aspectos que regula a norma ademais de presentar modelos tipo para algunha das accións que se deben realizar.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Fiscal, Xestión

Cando se desenvolve unha actividade por conta propia é de capital importancia coñecer as obrigas que existen en materia tributaria, xa que existe a obriga de cumprilas en forma e prazo. Neste manual preténdese dar unha visión global da fiscalidade á que está suxeita unha persoa física que se constitúe coma autónomo/a.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Mercado, Xestión

Este caderno recolle aspectos básicos da xestión de clientes, como captalos e fidelizalos a través do desenvolvemento de accións de promoción e a atención ás súas dúbidas e reclamacións.No mesmo trátanse cuestións como identificar e seleccionar clientes, deseñar unha promoción, fidelizar clientes, a atención ao cliente ou a xestión de reclamacións, entre outras.


  • 29 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Xestión

Este manual describe o proceso de elaboración e deseño dunha matriz DAFO, (acrónimo de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) que permitirá á persoa autónoma empregar unha ferramenta moi útil para executar a súa dirección estratéxica. Os resultados da análise DAFO facilitarán a previsión da situación do negocio no curto e medio prazo e establecer a estratexia a seguir para lograr un correcto axuste entre a súa capacidade intern


  • 28 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Mercado, Xestión

Neste manual práctico de xestión explícanse de xeito sinxelo as técnicas de comunicación e as técnicas de venda que pode aplicar o colectivo autónomo. É importante que o esforzo comercial se realice non só ao inicio da actividade, senón durante toda a vida do negocio, buscando as fórmulas máis axeitadas segundo o tipo de actividade desenvolvida.


  • 28 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Mercado, Xestión

Neste manual práctico de xestión trátase a importancia da análise continuada da competencia para conseguir consolidarse no mercado, ao tempo que se explican técnicas e métodos que poden ser de utilidade para realizar esta análise.


  • 28 Xuñ, 2017
  • Fiscal, Xestión

Manual práctico de xestión que describe detalladamente os principais recursos e instrumentos financeiros que se poden atopar actualmente no mercado e aos que poden acceder as persoas traballadoras autónomas. Indica as características de cada unha das alternativas, as súas vantaxes e desvantaxes e as situacións ás que mellor se adaptan os mesmos.


  • 28 Xuñ, 2017
  • Estratexia, Laboral, Mercado, Xestión

Publicación do Instituto Galego das Cualificacións cunha análise das profesións reguladas e as súas posibles vinculacións cos certificados de profesionalidade das distintas familias formativas.

Páxinas