Documentos
Documentos de referencia

- 02 Nov, 2023
- Laboral
-
Etapa
Publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, lembrando tamén que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traba

- 17 Xul, 2023
- Laboral, Mercado
-
Etapa
Publicado o Diario Oficial de Galicia o Decreto 112/2023, do 29 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2024.

- 05 Mai, 2023
- Laboral
-
Etapa
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 24 de abril de 2023 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, polo que se convocan para o 28 de maio de 2023 eleccións locais, e polo Decreto 26/2023, do 30 de marzo, polo que se convocan eleccións aos órganos de goberno das entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia para establecer as normas que ser&aa

- 12 Abr, 2023
- Laboral, Xestión
-
Etapa
Este Real Decreto-lei que reforma o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, atende a unhas reformas estruturais que responden a unha necesidade extraordinaria do sistema de pensións de reforzar a sustentabilidade financeira e a urxencia derivada do cumprimento dos prazos dos compromisos coa Unión Europea e a solicitude de pago das contribucións financeiras correspondentes.

- 16 Feb, 2023
- Laboral, Mercantil
-
Etapa
Publicación no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 99/2023, de 14 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2023 en 1.080€ mensuais ou 36€ ao día.

- 23 Xan, 2023
- Mercado, Mercantil, Xestión
-
Etapa
Este decreto ten por obxecto obxecto o desenvolvemento da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, no que atinxe a determinados aspectos de organización e desenvolvemento daqueles, así como constituír o Rexistro de Empresas e Establecementos e será de aplicación a todo tipo de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas

- 28 Dec, 2022
- Sustentabilidade, Mercado, Mercantil
-
Etapa
Publicouse no BOE o Real Decreto 1052/2022, de 27 de decembro, polo que se regulan as zona de baixas emisións para a consecución das mejoras establecidas na Lei 7/2021 en relación coa calidade do aire e a mitigación do cambio climático, sendo necesario fixar obxectivos concretos e cuantificables, que poidan ser convenientemente monitorizados e avaliados.

- 28 Dec, 2022
- Sustentabilidade, Estratexia, Mercado
-
Etapa
Publicouse no BOE o Real Decreto 1055/2022, de 27 de decembro, de envases e refugallos de envases, tendo por obxecto a adaptación da normativa española de envases ao novo réxime de responsabilidade ampliada do produtor, establecido pola normativa da Unión Europea recientemente aprobada.
Asimismo, regula os mecanismos necesarios para incrementar a transparencia e o adecuado seguimento e control das obrigas dos produtores tanto no que respecta á posta puesta no mercado de produtos como no que respecta á xestión dos seus refugallos.

- 28 Dec, 2022
- Fiscal, Mercado, Mercantil
-
Etapa
Publicouse no BOE o Real Decreto-lei 20/2022, de 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade.
As medidas incluídas no Real Decreto-lei 20/2022 oriéntanse a conter os prezos e apoiar á cidadanía e empresas máis afectadas en seis ámbitos principales:
(i) enerxía
(ii) alimentos
(iii) transporte
(iv) industria gas intensiva

- 22 Dec, 2022
- Fiscal, Laboral, Mercado, Mercantil
-
Etapa
Publicación no BOE da Lei 28/2022, de 21 de setembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes para atender á nova economía baseada no coñecemento e na innovación, co obxectivo de reducir significativamente os obstáculos detectados á creación e crecemento destas empresas no ámbito lexislativo, atendendo fundamentalmente ás cargas fiscais e sociais, ás esixencias do dereito mercantil e aos trámites burocráticos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »