Documentos de referencia



  • 14 Out, 2022
  • Laboral, Mercado

O Boletín Oficial do Estado ven de publicar a Resolución de 7 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2023. 

En concreto, en Galicia, as festas laborais a nivel estatal para o ano 2023 son as seguintes:


  • 06 Out, 2022
  • Laboral, Mercado

Orde do 16 de setembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2023.


  • 01 Out, 2022
  • Mercado, Mercantil, Xestión

Publicación no BOE da Lei 18/2022, de 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.


Publicación BOE


  • 26 Set, 2022
  • Estratexia, Mercado, Mercantil, Xestión
Accede dende aquí

Publicación da Lei 16/2022, de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concursal, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2020, de 5 de maio, para a transposición da Directiva (UE) 2019/1023 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, sobre marcos de reestruturación preventiva, exoneración de débedas e inhabilitacións, e sobre medidas para aumentar a eficiencia dos procedementos de reestruturación, insolvencia e exoneración de débedas.


  • 28 Xul, 2022
  • Fiscal, Laboral

Publicación do Real Decreto-lei 13/2022, de 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos e se mellora a protección por cese de actividade.


  • 28 Xuñ, 2022
  • Laboral, Xestión

Publicación do Real Decreto 504/2022, de 27 xuño, polo que se modifican o Regulamento Xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 84/1996, de 26 de xaneiro, e o Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 2064/1995, de 22 de decembro, para actualizar a súa regulación respecto aos traballadores por conta propia ou autónomos.


  • 18 Mar, 2022
  • Estratexia, Xestión

Este documento busca expoñer de forma práctica e simplificada como realizar a solicitude no marco da Convocatoria de axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento I (entre 10 e menos de 50 persoas empregadas) no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -Financiado pola Unión Europea- Next Generation EU (Programa Kit Dixital), que desenvolve a entidade pública empresarial Red.es.


  • 10 Xan, 2022
  • Laboral
Accede dende aquí

Publicación do Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, no que se inclúen as modificacións en materia de contratos laborais (contrato formativo, contrato a tempo parcial, contrato fixo discontinuo) e á redución da xornada ou suspensión do contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior, entre outros asuntos.


  • 22 Nov, 2021
  • Laboral, Mercantil

Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

O pasado 11 de marzo de 2022, detectado un erro, o DOG ten publicado a corrección de erros seguinte:


  • 26 Out, 2021
  • Laboral

O 21 de outubro de 2021 o Boletín Oficial do Estado ten publicado a Resolución de 14 de outubro de 2021 do Ministerio de Trabajo y Economía Social, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2022.

Segundo a dita resolución, en Galicia se observan os seguintes festivos:

1 de xaneiro: Ani novo (*)

6 de xaneiro: Epifanía do Señor (*)

14 de abril: Xoves Santo (**)

15 de abril: Venres Santo (*)

17 de maio: Día das Letras Galegas (***)

Páxinas