Fiscalidade do emprego autónomo


Cando se desenvolve unha actividade por conta propia é de capital importancia coñecer as obrigas que existen en materia tributaria, xa que existe a obriga de cumprilas en forma e prazo. Neste manual preténdese dar unha visión global da fiscalidade á que está suxeita unha persoa física que se constitúe coma autónomo/a. No caderno abórdanse os impostos que afectan ao colectivo autónomo no desenvolvemento da súa actividade, facendo especial fincapé nas dúas obriga fiscais máis importantes para este colectivo: O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor Engadido.

IMPORTANTE! Para información máis actualizada, consulte tamén a sección Preguntas Frecuentes ou póñase en contacto coa propia oficina do autónomo a través do correo boletin@oficinadoautonomo.gal

Válido dende: 
sábado, 29 Xuño, 2019
Válido ate: 
xoves, 31 Decembro, 2020