A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no congreso da Asociación de Jóvenes Empresarios AJE Galicia sobre Emprendemento rural sustentable no que puxo de relevo o compromiso da Xunta para crear un novo ecosistema emprendedor co gallo de aproveitar o talento mozo da comunidade.
Novas da oficina do autónomo
08-11-23
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo participou na feira de emprego da Cámara de Comercio da Coruña, onde puxo en valor o traballo da Xunta de Galicia para conectar as necesidades das empresas coas persoas candidatas a cubrilas e os programas específicos cos que a Xunta de Galicia seguirá a brindar oportunidades de emprego á moc
24-10-23
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou durante unha xuntanza da Mesa do Autónomo que se celebrou en Vilagarcía de Arousa, que o Goberno galego lanzará en 2024 de forma pioneira e “novidosa” a ‘Cota cero’ para todas as persoas que inicien a súa actividade como persoas traballadoras autónomas.
13-10-23
A Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social na nosa Comunidade, lanza novas formacións gratuítas para todas as persoas emprendedoras que queiran ampliar os seus coñecementos neste eido.
09-10-23
Os clientes do comercio galego de proximidade poderán descargar e empregar desde o luns 9 de outubro o Bono Activa Comercio, ao que a Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 2,5 millóns de euros co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela a este tipo de establecemento.




