Nova edición do curso de PRL para persoas traballadoras autónomas promovido pola EGAP e o ISSGA
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria dunha nova edición dun curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, persoa traballadora por conta allea, persoa traballadora autónoma, empresaria ou persona con inquidanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Este novo curso, desenvolvido en tres edicións, é froito do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose un curso en materia de prevención de riscos laborais en tres edicións:
• Código: CV24016. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.
Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV-A do Regulamento dos servizos de prevención (Real Decreto 39/1997, del 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
O curso impartirase en modo teleformación e conta cunha duración de 60 horas por edición e cun máximo de 300 prazas (100 prazas por edición).
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 15 e o 25 de marzo de 2024 e o curso desenvolverase entre o 16 de abril e o 14 de xuño de 2024.
A superación da actividade formativa dará dereito á obtención dun certificado de aproveitamento.