A Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social na nosa Comunidade, lanza novas formacións gratuítas para todas as persoas emprendedoras que queiran ampliar os seus coñecementos neste eido.
Novas da oficina do autónomo
09-10-23
Os clientes do comercio galego de proximidade poderán descargar e empregar desde o luns 9 de outubro o Bono Activa Comercio, ao que a Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 2,5 millóns de euros co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela a este tipo de establecemento.
25-09-23
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, inaugurou en Friol o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Lugo Comarca, que bota a andar para aproveitar o potencial emprendedor desta zona interior de Lugo.
15-09-23
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe no acto de apertura da cuarta edición do programa Mentoring Traballo Autónomo no que este ano participan máis de 200 persoas traballadoras autónomas dispostas a adaptar ou transformar os seus negocios.
08-09-23
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou hoxe a nova convocatoria de axudas por 1,5 millóns de euros coa que a Xunta de Galicia impulsa a economía circular no sector comercial e artesán galego.




