A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu onte unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde se abordou a Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026, que contará cun orzamento superior aos 200 millóns de euros.
Novas da oficina do autónomo
24-08-23
O Diario Oficial de Galicia publica o programa para incentivar a contratación de persoas mozas de menos de 30 anos, mellorando a empregabilidade e a inserción laboral das persoas non ocupadas nesa franxa de idade.
21-08-23
Unha nova edición do programa Mentoring da Xunta, de apoio ás persoas traballadoras autónomas, arrancará en setembro coa participación de 212 profesionais deste colectivo.
14-08-23
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria dunha nova edición dun curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, persoa traballadora por conta allea, persoa traballadora autónoma, empresaria ou persona con inquidanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
08-08-23
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución de axudas convocadas este ano para micropemes, pemes e persoas traballadoras autónomas con persoal contratado co gallo de impulsar a implantación de medidas de igualdade laboral, de conciliación e de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).




