Axudas para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países - 2019
- 21/12/2018
- 14/01/2019
-
Etapa
MR440D- Axudas para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países - 2019
Data de publicación: 21 de decembro de 2018
Data de inicio solicitude: 22 de decembro de 2018
Data de remate solicitude: 14 de xaneiro de 2019
Obxecto
Publicar a convocatoria do procedemento para subvencionar actividades e medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de tercieros países do seguinte tipo:
- a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente.
- b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.
- c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas.
- d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais. Estudos e informes de mercado.
- e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias, entre outras, as empresas vinícolas (calquera que sexa a súa fórmula xurídica, incluída a de persoa autónoma), considerando como tales aquelas empresas privadas nas que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
Neste enlace se pode acceder ao texto completo da resolución.
Válido dende:
venres, 21 Decembro, 2018
Válido ate:
luns, 14 Xaneiro, 2019