Axudas a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19)


  • 29/01/2019
  • 30/05/2019
Accede dende aquí

IG200D - Axudas a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19)

Data de publicación: 28/01/2019

Data inicio de solicitude: 28/02/2019

Data fin solicitude: 30/04/2019 ampliado ata o 30 de maio

Obxecto

As bases regulan as axudas do Igape axudas destinadas a incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos.

Características da axuda

Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais dirixidos á rehabilitación e reforma de establecementos hoteleiros situados en Galicia, realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:

a) Adquisición dun ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
b) Para ser subvencionable unha operación de compra individual deberá acadar un custo mínimo de 10.000 euros (sen incluír IVE).
c) A subvención máxima que se percibirá por beneficiario e establecemento será de 25.000 euros nunha ou varias operacións de compra. No caso de que un mesmo beneficiario sexa titular de máis dun establecemento subvencionable en Galicia, poderá beneficiarse das axudas cos seus límites aplicados a cada establecemento.
d) Bens que poden ser obxecto de axuda:
– Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
– Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
– Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
– Sistemas de iluminación.
– Sistemas domóticos

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas titulares de algún dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, definidos no capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016, do 12 de maio, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
martes, 29 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
xoves, 30 Maio, 2019