Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética - 2019


  • 22/08/2019
  • 31/12/2020
Accede dende aquí

IN421V -  Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética do sector industrial - Programa de eficiencia enerxética en industria

Data de publicación: 22 de agosto de 2019

Data de inicio solicitude: 12 de setembro de 2019

Data de remate solicitude: 31 de decembro de 2020

Obxecto

As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (código de procedemento IN421V) para a concesión de axudas a actuacións que reduzan as emisións de dióxido de carbono e o consumo de enerxía final, mediante a mellora da eficiencia enerxética contribuíndo a acadar os obxectivos de redución do consumo de enerxía final que fixa a Directiva 2012/27 UE.

Características da axuda

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no anexo IV do Real decreto 263/2019, do 12 de abril, e se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais

Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética

Real Decreto 263/2019

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras:, as persoas físicas titulares de:

Empresas do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no paragrafo anterior, repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

Publicación DOG

Publicación DOG Modificación

Válido dende: 
xoves, 22 Agosto, 2019
Válido ate: 
xoves, 31 Decembro, 2020