Axudas para o fomento do emprendemento en economía social APROL-Economía Social Programa II


  • 26/01/2018
  • 01/10/2018
Accede dende aquí

TR802J - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia

Data de publicación: 25/01/2018

Data inicio de solicitude: 26/01/2018

Data fin solicitude: 01/10/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, centrándose o Programa II no fomento da incorporación de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

Características das distintas modalidades de axudas

Subvencións en réxime de concurrencia non competitiva, entre 3.000 € e ata un máximo de 7.500 € segundo a tipoloxía da persoa beneficiaria, para o fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais.

O dito acceso deberá ser mediante as achegas económicas ao capital social da sociedade laboral ou cooperativa, tendo como período de execución das accións subvencionables entre o 17 de marzo de 2017 e o 16 de novembro de 2018.

Persoas beneficiarias

Poderán ter a condición de persoas beneficiarias desta axuda as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, sempre que cumpran algunha das seguintes condicións:

1) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego

2) Persoas socias a proba da cooperativa na que se incorporan

3) Persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan

4) Persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral

5)  Persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial, que accedan coa mesma condición a tempo completo

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
venres, 26 Xaneiro, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018