Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accions formativas con compromiso de contratación inmediata - 2020


  • 23/12/2019
  • 14/12/2020
Accede dende aquí

TR349X -  Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accions formativas con compromiso de contratación inmediata

Data de publicación: 23 de decembro de 2019

Data de inicio solicitude: 24 de decembro de 2019

Data de remate solicitude: 14 de decembro de 2020

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas ás contratacións realizadas polas entidades beneficiarias das subvencións reguladas no capítulo II (TR301P - Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas 2019-2020) que superen o compromiso de contratación do 40 % do alumnado formado segundo se define no artigo 3.c) desta orde.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e temporais que realicen as empresas e as persoas empregadoras con persoas desempregadas participantes nos proxectos de acción formativa con compromiso de contratación que se determinen na correspondente orde de convocatoria.

Características da axuda

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros ou de 8.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos colectivos favorecidos establecidos.

Estas contías incrementaranse un 25% acumulable no caso de cumprir os requirimentos establecidos no punto 3º do artigo 54 da orde que regula este programa.

A contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

Os contratos temporais incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros ou de 3.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos colectivos favorecidos establecidos.

Estas contías incrementaranse un 25% acumulable no caso de cumprir os requirimentos establecidos no punto 3ª do artigo 60 da orde que regula este programa.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Publicación DOG Ficha informativa en la sede electrónica

Válido dende: 
luns, 23 Decembro, 2019
Válido ate: 
luns, 14 Decembro, 2020