Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co FEMP - 2020
- 26/11/2019
- 27/01/2020
-
Etapa
PE120 - Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros - FEMP (2020).
Data de publicación: 26/12/2019
Data inicio de solicitude: 27/12/2019
Data fin solicitude: 27/01/2020
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva ata unha contía máxima de axuda do 50% do investimento máximo subvencionable.
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
1. Limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies (procedemento PE120A).
2. Melloren a hixiene, a saúde, a seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).
3. En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático (procedemento PE120C).
4. Aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas (procedemento PE120E).
5. En servizos de aseoramento para fomentar a pesca sustentable (procedemento PE120F)
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que sexan propietarias dun buque de 3ª lista, con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, con seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros, atendendo tamén ás obrigas propias de cada procedemento.