Programa Emprega Muller para a contratación por conta allea - FSE - 2020


  • 07/01/2020
  • 30/09/2020
Accede dende aquí

TR350A - Subvencións do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas - 2020

Data de publicación: 07/01/2020

Data inicio de solicitude: 08/01/2020

Data fin solicitude: 30/09/2020

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, promovendo incentivos á súa contratación por conta allea.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva e suxeita ao réxime de mínimis que inclúe dous tipos de axudas compatibles:

1. Bono de contratación, coa concesión dunha subvención para:

  • a contratación indefinida inicial que se celebren dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020, 
  • a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses que se celebren dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020, 
  • a transformación de contratos temporais en indefinidos que se celebren dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 (deberán de ser a tempo completo) e
  • para os casos de contratos indefinidos a tempo parcial será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación

As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro da orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada, sempre que cumpra os requisitos mencionados na convocatoria.
No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas ao abeiro da orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada, sempre que cumpra os requisitos mencionados no referida convocatoria.

As contías establecidas nos primeiros dous puntos anteriores incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:

  • No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  • Se a muller contratada é unha emigrante retornada.
  • Se a muller contratada é maior de 45 anos.
  • Se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
  • Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos

2. Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contrato.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na Orde.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido dende: 
martes, 7 Xaneiro, 2020
Válido ate: 
mércores, 30 Setembro, 2020