Axudas para o fomento do emprendemento en economía social APROL-Economía Social Programa II
- 10/01/2020
- 30/09/2020
-
Etapa
TR802J - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia
Data de publicación: 11/01/2020
Data inicio de solicitude: 12/01/2020
Data fin solicitude: 30/09/2020
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para o fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia..
Características das distintas modalidades de axudas
As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:
a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alíneas a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000 €.
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alínea e), ata 3.000 €.
As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:
a) Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializaren os seus produtos, obteren subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia