Axudas aos comercios retallistas para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridad laboral e a xeración de confianza no consumidor - 2020


  • 20/06/2020
  • 17/08/2020
Accede dende aquí

IG524C - Axudas aos comercios retallistas para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor

Data de publicación: 19 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 20 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 31 de xullo de 2020 (ampliada ata o 17 de agosto de 2020)

Obxecto

Os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivar do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.

2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.

3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade no comercio. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións recollidas nesta epígrafe.

4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación recollidas nesta epígrafe.

6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.

7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 postas en marcha no establecemento comercial.

8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.


Publicación boletín Ficha sede

Válido dende: 
sábado, 20 Xuño, 2020
Válido ate: 
luns, 17 Agosto, 2020