Programa II - Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social- 2021


  • 08/02/2021
  • 30/09/2021
Accede dende aquí

TR802J - Subvencións para o fomento del acceso a la condición de persona socia - 2021

Data de publicación: 08/02/2021

Data inicio de solicitude: 09/02/2021

Data remate de solicitude: 30/09/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións coa finalidade de fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

Características da axuda

As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:

a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alíneas a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000,00 euros.

b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alínea e), ata 3.000,00 euros.

As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.

d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.

e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.

f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.

g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial ou en condición de fixa descontinua nos termos previstos no artigo 28.4, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Seren persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Seren persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.

c) Seren persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.

d) Seren persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.

e) Seren persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas que, sendo desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializaren os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia. A incorporación como persoa socia na cooperativa deberá producirse dentro do período de execución establecido no artigo 35 desta orde. Entre o inicio da actividade por conta propia e a dita incorporación non poden ter transcorrido máis de dous anos.

As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, a respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.


Publicación DOG Ficha sede

Válido dende: 
luns, 8 Febreiro, 2021
Válido ate: 
xoves, 30 Setembro, 2021