Subvencións para para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2021


  • 04/05/2021
  • 04/06/2021
Accede dende aquí

CO300C - Subvencións para a implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal - 2021

Data de publicación: 04/05/2021

Data inicio de solicitude: 05/05/2021

Data fin solicitude: 04/06/2021

Obxecto

As bases e convocatoria regulan o contenido e procedemento de tramitación das subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

Características da axuda

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

1. Liña de dixitalización comercial:

a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda en liña e implantación e actualización de webs comerciais.

b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.

c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías.

d) Actuacións de comercialización dixital. A participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, de carácter comercial ou artesanal, nacionais ou estranxeiros.

e) Loxística e-commerce.

f) Loxística e-commerce sustentable no quilómetro cero.

2. Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais.

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso, en concreto:

Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, que melloren o deseño e calidade do produto final.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que, tendo a condición de peme empregue menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Corrección Erros DOG

Válido dende: 
martes, 4 Maio, 2021
Válido ate: 
venres, 4 Xuño, 2021