Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE) - 2021


  • 10/05/2021
  • 10/06/2021

TR357 - Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE)

Data de publicación: 10 de maio de 2021

Data de inicio solicitude: 11 de maio de 2021

Data de remate solicitude: 10 de xuño de 2021

Obxecto

A publicación ten por obxecto reguladar as bases e a convocatoria para a concesión das axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B).

Características da axuda

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Nesta liña poderán ser obxecto de subvención, ben de maneira conxunta ou ben por separado, os seguintes conceptos:

a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero. Esta diagnose será elaborada segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa, e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

c) Os custos derivados da primeira fase da implantación das medidas prioritarias previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).

d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

Liña II. Conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtivesen noutras convocatorias.

Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

As axudas consistirán nun incentivo de 10.000 euros por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Será subvencionable a adquisición dos elementos tecnolóxicos seguintes: computador persoal, medios materiais para o acceso a internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas para desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.

Liña III. Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo selo horarios racionais (SHR).

As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.

A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

Persoas beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras durante todo o período de execución das axudas.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia co mesmo número de persoas traballadoras que no punto anterior.

No caso da liña I (plans de igualdade) as empresas deberán contar como mínimo con 15 persoas traballadoras e cun máximo de 100..


Publicación DOG Ficha sede TR357B

Ficha sede TR357C Ficha sede TR357D

Subsanación erros

Válido dende: 
luns, 10 Maio, 2021
Válido ate: 
xoves, 10 Xuño, 2021