Subvencións para o financiamento de bolsas a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que realicen prácticas non laborais en empresas da provincia de Lugo - 2022
- 22/03/2022
- 21/05/2022
-
Etapa
BDNS 616110 - Subvencións para o financiamento de bolsas para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que realicen prácticas non laborais en empresas da provincia de Lugo - 2022
Data de publicación: 22 de marzo de 2022
Data de inicio solicitude: 23 de marzo de 2022
Data de remate solicitude: 21 de maio de 2022
Obxecto
As subvencións convocadas por esta Resolución teñen por obxecto a concesión das axudas para o financiamento a empresas de calquera sector da provincia de Lugo, de bolsas para as persoas mozas incluídas no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que teñan participado en accións formativas de EOI que realizan prácticas non laborais, de acordo co previsto na Orde ICT/1095/2020, de 17 de novembro, (BOE nº 308 de 24 de novembro de 2020).
Características da axuda
A dotación máxima de subvención para esta convocatoria por alumno que cumpra o período de tres meses se establece en:
a) 1,2 veces el IPREM mensual vixente por cada unha das persoas mozas mentras duren as prácticas se estas teñen unha duración de catro ou máis horas diarias. Sendo o máximo 2.084,472 €.
b) 1,4 veces el IPREM mensual vixente por cada unha das persoas mozas mentras duren as prácticas se estas teñen unha duración de catro ou máis horas diarias, cando a persoa moza teña un recoñecemento de discapacidade superior ao 33 %. Sendo o máximo 2.431,884€.
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias desta convocatoria as empresas (xa sexan persoas físicas ou xurídicas) de calquera sector, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, con sede ou centro de traballo emprazado na Provincia de Lugo que, previa sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego desta Comunidade Autónoma, competente no marco do Real Decreto 1543/2011, de 31 de outubro, suscriban acordos con personas mozas para a realización de prácticas non laborais.