Préstamos PEMES Galicia - Programa operativo Feder Galicia 2014-2020
- 28/03/2022
- 31/10/2022
-
Etapa
IG534C - Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Data de publicación: 28/03/2022
Data inicio de solicitude: 29/03/2022
Data remate de solicitude: 31/10/2022 (ou antes por esgotamento de crédito)
Obxecto
A Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas ao financiamento dos proxectos viables a promover en Galicia por parte das pemes, microempresas e persoas físicas, mediante a modalidade de préstamos de IFI Innova indicados no anexo I.
Características dos préstamos
O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de produto.
Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades do produto financeiro, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.
Consideraranse conceptos financiables:
a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, elementos de transporte especial e mobiliario.
b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.
c) Gastos de desenvolvemento e innovación, que terán, para estes efectos, a consideración de activo inmaterial.
d) Capital de explotación: cos requisitos e condicións establecidos para cada modalidade de préstamo no anexo I.
Os importes mínimos e máximo do financiamento e a porcentaxe de investimento financiable, serán os establecidos no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos financiables do proxecto pendentes de pagamento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.