Subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos - Talento 30 - 2022


  • 20/04/2022
  • 30/09/2022
Accede dende aquí

TR353C - Subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos - Talento 30 - 2022

Data de publicación: 20/04/2022

Data inicio de solicitude: 21/04/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego ás persoas menores de 30 anos, facilitando así a inserción laboral das persoas mozas en Galicia, e dotándoas de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.

Características da axuda

As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral.

b) Liña 2: programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional. Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivese outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo.

A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de:

– 20.225 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

– 16.900 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

– 13.575 € para as persoas mozas contratadas no grupos de cotización 8 a 11: 9.975 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

As persoas mozas serán contratadas a tempo completo durante un período mínimo de 12 meses. A contía da subvención toma como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na Orde.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
mércores, 20 Abril, 2022
Válido ate: 
venres, 30 Setembro, 2022