Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas - 2023


  • 26/01/2023
  • 27/02/2023
Accede dende aquí

MR405A - Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas - 2023

Data de publicación: 26/01/2023

Data inicio de solicitude: 27/01/2023

Data remate de solicitude: 27/02/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para o ano 2023 incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, en concreto para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

Características da axuda

Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.

b) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos na letra a), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.

c) A compra de construcións agrarias en desuso. Terán esa consideración aquelas construcións que non formen parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa ou inactividade previa á baixa e se poñan en uso e se incorporen no Reaga.

d) A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros). 

e) A compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) A adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10 % no caso de persoas agricultoras mozas beneficiarias neste mesmo ano da axuda á incorporación de persoa mozas establecida no artigo 19.1.a).i do Regulamento (UE) nº 1305/2013 ou beneficiario desa mesma axuda nos 5 anos anteriores. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir todos os requisitos da definición de persoa agricultora moza prevista no Regulamento (UE) nº 1305/2013, incluído o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.

b) 5 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de explotacións.

c) 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 Regulamento (UE) nº 1305/2013.

d) 5 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola. e) 10 % no caso de investimentos en agricultura ecolóxica.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as titulares dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que soliciten nesta mesma convocatoria a axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 26 Xaneiro, 2023
Válido ate: 
luns, 27 Febreiro, 2023