Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria - 2023
- 26/01/2023
- 27/02/2023
-
Etapa
MR404A - Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria - 2023
Data de publicación: 26/01/2023
Data inicio de solicitude: 27/01/2023
Data remate de solicitude: 27/02/2023
Obxecto
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para o ano 2023 incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, en concreto para axudar á creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
Características da axuda
A primeira instalación dunha persoa agricultora moza deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:
a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.
b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria.
c) Modalidade 3: integración como persoa socia nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución.
d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.
e) Modalidade 5: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
f) Modalidade 6: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 25.000 euros, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:
a) De acordo co volume de gasto cuxa necesidade ou conveniencia estea especificada no plan empresarial:
– De 20.000 a 30.000 €: a contía básica increméntase en 12.500 €.
– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.
– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.
– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.
– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.
– Máis de 100.001 €: increméntase en 45.000 €.
b) Creación de polo menos unha UTA de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente á persoa moza instalada: 20.000 €.
c) Instalación nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013: 5.000 €.
Persoas beneficiarias
As persoas que desexen acceder ás axudas á incorporación de persoas agricultoras mozas á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012 ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a data de instalación.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo IV.
f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo IV.
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non ser titular dunha explotación agraria, salvo nas excepcións establecidas na orde da convocatoria.