Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas - 2023


  • 30/01/2023
  • 28/02/2023
Accede dende aquí

MR708A - Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas - 2023

Data de publicación: 30/01/2023

Data inicio de solicitude: 31/01/2023

Data remate de solicitude: 28/02/2023

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á:

– Adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

– Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas en aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación desta resolución.

Características da axuda

As axudas consisten en subvencións directas de capital.

Serán subvencionables os proxectos destinados á:

a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

6º. Artesanía e actividades artesanais.

7º. Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

8º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

9º. Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE. 

b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación da correspondente convocatoria destas axudas, nos mesmos sectores e ámbitos de actividade sinalados na letra a) anterior.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:

a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo admitiranse empresas en constitución ou constituídas con posterioridade á data anteriormente sinalada, debendo, en todo caso, estar constituídas con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos con posterioridade á data antes sinalada, debendo, en todo caso, darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude.


Publicación DOG

Modificación Bases DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 30 Xaneiro, 2023
Válido ate: 
martes, 28 Febreiro, 2023