Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 2023
- 22/05/2023
- 29/09/2023
-
Etapa
TR341R - Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma - 2023
Data de publicación: 22/05/2023
Data de inicio solicitude: 23/05/2023
Data de remate solicitude: 29/09/2023
Obxecto
Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar as axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.
Características da axuda
As axudas irán dirixidas á contratación dunha persoa traballadora para apoiar á persoa autónoma no seu negocio, nos casos de maternidade ou paternidade unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento (bono autónomo Concilia I).
Tamén se dirixen as axudas á contratación dunha persoa traballadora para apoiar á persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) ao seu cargo, independentemente de que existiran ou non situacións de maternidade ou paternidade ou asimiladas (bono autónomo Concilia II).
Igualmente se apoiarán os gastos dos servizos de coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) a cargo da persoa autónoma, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2022 ao 29 de setembro de 2023 (bono autónomo Concilia III).
Bono autónomo Concilia I
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no seu negocio, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.
O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.
Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
Bono autónomo Concilia II
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano, para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.
O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.
Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
Bono autónomo Concilia III.
Será subvencionable o 75 % do custo do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 3.000 €.
Serán subvencionables os gastos dos servizos de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2022 ao 29 de setembro de 2023. A contía máxima que se percibirá será o 75 % do custo do centro ou do servizo.
Os tres tipos de axudas reguladas nesta orde, bono autónomo Concilia I, Concilia II e Concilia III serán compatibles entre si.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; tamén poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual, sempre e cando:
a) Teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Desenvolvan a sua actividade empresarial ou profesional en Galicia, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.
a) Bono autónomo Concilia I
Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante tivo que estar previamente de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato que se realice será de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses. A contratación débese realizar cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego, e débese realizar no período máximo dun ano unha vez rematado o período de descanso por maternidade, paternidade, adopción ou acollemento.
Non é necesario cumprir os requisitos previstos no parágrafo anterior se a contratación se realiza coa mesma persoa que estaba contratada por substitución da persoa traballadora por maternidade ou paternidade.
b) Bono autónomo Concilia II
Para ser beneficiaria desta axuda o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa. A contratación débese realizar cunha persoa desempregada, entendendo como tal unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego.
c) Bono autónomo Concilia III:
Para ser beneficiario desta axuda a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa.