Axudas para as certificacións de RSE - 2025
- 31/01/2025
- 28/02/2025
-
Etapa
TR357B - Axudas para as certificacións de RSE - 2025
Data de publicación: 31/01/2025
Data inicio de solicitude: 01/02/2025
Data remate de solicitude: 28/02/2025
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE).
Características da axuda
Nesta liña subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes:
Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación);
Global Reporting Initiative (GRI);
United Nations Global Compact (Pacto Mundial);
ISO 37301;
SGE 21;
Global Accountability 1000 (AA 1000);
EMAS, ISO 14000 (ambiente);
ISO 16064;
UNE-ISO 21401;
ISO 50001;
SA 8000,
IQNet SR10,
BEQUAL (discapacidade),
ISO 45001 (seguridade e saúde laboral),
certificación empresa saudable, e, así mesmo, o
Selo Horarios Racionais (SHR).
Será o pagamento do 80 % da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa. A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30 % da subvención.
Persoas beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
No caso desta liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.