Decreto 74/2025 Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios


Publicación no DOG do Decreto 74/2025, do 4 de agosto, polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA) e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos que ten por obxecto:

a) Regular o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (en diante, Regasa), así como o procedemento para a inscrición, modificación e cancelación rexistral das empresas, locais e establecementos alimentarios no citado rexistro.

b) Definir as condicións de comercialización entre establecementos de venda polo miúdo e a comercialización de alimentos elaborados en locais utilizados principalmente como vivenda privada.

Válido dende: 
luns, 1 Setembro, 2025
Válido ate: 
domingo, 31 Decembro, 2028