Subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal - 2026


  • 08/01/2026
  • 16/02/2026

CO300C - Subvenciones do programa Galicia suma talento: Plan de formación empresas - 2026

Data de publicación: 08/01/2026

Data inicio de solicitude: 16/01/2026

Data remate de solicitude: 16/02/2026

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal.

Características da axuda

A intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), co límite máximo que se establece para cada actuación subvencionable e para cada liña de axudas.

Non obstante o anterior, para os establecementos comerciais que estean no ámbito de actuación do proxecto Vilas Vivas, a intensidade da axuda incrementarase nun 10 % máis, e seralles igualmente de aplicación o tope de investimento máximo establecido para cada liña de axudas.

Liña de dixitalización e innovación comercial.

Consideraranse subvencionables as actuacións dirixidas á dixitalización do contorno comercial Omnicanle e á transformación dixital do punto de venda e o modelo de negocio, enumeradas na seguinte táboa, en que se establecen os investimentos máximos subvencionables por actuación e polo total da liña:

Liña 1 Actuacións subvencionables Investimento máx. subvencionable (IVE excluído)
a) Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña (A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV) 1.200,00 €
b) Sistema TPV, impresora de tíckets, caixón portamoedas, lector de código de barras, impresora de etiquetas/código de barras e báscula dixital 1.200,00 €
c) Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida (programas de xestión comercial, de xestión do e-commerce, de pagamento, de control de stocks, tecnoloxía RFID, sistema de facturación electrónica que deberá estar homologado pola AEAT etc.). Inclúese a implantación do software e a formación necesaria para o seu uso 5.000,00 €
d) Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 2.500,00 €
e) Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV, e imaxe dixital 2.000,00 €
f) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda 2.500,00 €
g) Sistemas de click and collect 2.500,00 €
h) Solucións de ciberseguridade 2.000,00 €
i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) 1.000,00 €
j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) e aplicacións de realidade virtual e aumentada 2.500,00 €
k) Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela 5.000,00 €
l) Memoria-proxecto de dixitalización elaborado por persoa enxeñeira informática colexiada 2.000,00 €
Investimento máximo subvencionable Liña 1: 18.750,00 €

Liña de modernización comercial.

Consideraranse subvencionables as actuacións dirixidas á mellora da imaxe, á eficiencia do local e dos recursos e á calidade do produto final. Concretamente, son subvencionables as actuacións sinaladas na táboa seguinte en que tamén se establecen investimentos máximos subvencionables por actuación e polo total da liña:

Liña 2 Actuacións subvencionables Investimento máx. subvencionable (IVE excluído)
a) Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositiva de produtos que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda 5.250,00 €
b) Servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo, de decoración e de obras do establecemento comercial 2.000,00 €
c) Portas de entrada ao establecemento que permitan o peche sen necesidade de acción manual (automáticas ou con brazo mecánico) 2.000,00 €
d) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces 2.000,00 €
e) Sistemas de climatización, calefacción e ventilación enerxeticamente eficientes 4.000,00 €
f) Actuacións de mellora da fachada e illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial 2.000,00 €
g) Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade artesanal e a actividade comercial principal e que deberán ser, en todo caso, adquisicións de primeiro uso. No caso de maquinaria, ou equipamento auxiliar, debe ser de fabricación externa cualificada e cumprir as seguintes condicións excluíntes: 1. Estar directamente relacionada coa actividade artesanal. 2. Estar directamente relacionada coa actividade comercial principal do establecemento e que melloren o deseño e calidade do produto final, así como a experiencia de compra, sempre que sexan de uso exclusivo na superficie de exposición e venda 5.000,00 €
h) Aparellos eléctricos de aromatización e fío musica 1.000,00 €
Investimento máximo subvencionable Liña 2: 20.000,00 €

Liña de sustentabilidade ambiental.

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma á dimensión e formato dos produtos. Para que sexan subvencionables en calquera das actuacións subvencionables enumeradas na seguinte táboa, deberá estamparse a marca Comercio Galego, coas características que se indican no modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Liña 3 Actuacións subvencionables
a) Caixas de cartón 100 % reciclado
b) Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado
c) Papel vexetal
d) Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado)
e) Bolsas de papel 100 % reciclado
f) Bobinas de papel 100 % reciclado
g) Bolsas de tea de algodón 100 %
h) Bolsas de tea de liño 100 %
i) Bolsas de tea de cánabo 100 %
Investimento máximo subvencionable Liña 3: 2.500,00€ (IVE excluído)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os seguintes requisitos segundo o caso:

1. Comerciantes retallistas:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Que, teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).

c) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención.

d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda:

1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución.

2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III.

No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo día en que presenten a solicitude de subvención.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 8 Xaneiro, 2026
Válido ate: 
luns, 16 Febreiro, 2026