Participación no Programa Responsabilízate - 2026

- 02/06/2026
- 31/12/2026
-
Etapa
TR320B - Participación no Programa Responsabilízate - 2026
Data de publicación: 02/06/2026
Data inicio de solicitude: 03/06/2026
Data remate de solicitude: 31/12/2026
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate 2026.
Características da axuda
Os servizos aos que poderán acceder as empresas beneficiarias ao Programa son os seguintes.
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para construír un plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para elaborar un plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.
4º. Servizo de diagnose, asesoramento e planificación do benestar organizacional.
O prazo estará aberto ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate.
Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia, así como que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións, salvo no caso do servizo indicado no artigo 3.4º da Resolución.
As beneficiarias eberán cumprir os requisitos seguintes:
1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
2. Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
3. Non seren entidades sen ánimo de lucro.